Pacho Flores deséxanos unhas boas festas
O gran trompetista Pacho Flores xunto co noso mestre Jesús "Pingüino" son os artífices de ENTROPÍA, un proxecto que nace da fusión destos dous artistas. Comparten as suas experiencias e influencias iberoamericanas propias dos seus orixes e tamén as adquiridas durante as suas respectivas carreiras en solitario. Podedes coñecer mais sobre o proxecto visitando a páxina de Pacho no seguinte enlace
Interpretan obras de grandes como Piazzola, Gardel ou Pablo Camacaro. Baixo o sello da discográfica Deutsche Grammophon invítanos a descubrir as obras de sempre dende unha nova perspectiva con tintes do jazz mezclados cos sonidos populares creando unha atmósfera de maxia e misterio.
Inda que a guitarra e a trompeta parezcan a simple vista instrumentos que non teñen nada que ver, neste disco queda demostrado que se conxuntan á perfección.
A colaboración entre ambos nace da sua amistade que forxaron dende que se coñeceran varios anos atrás en Caracas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario