EMBC

Blog da Escola de Música Banda de Celanova

FB

Actualidade

Post Top Ad

Your Ad Spot

QUENES SOMOS


ESCOLA DE MÚSICA DA BANDA DE CELANOVA

A oferta formativa existente en Celanova ata o ano 2012, era a de Conservatorio de Grao Elemental. Co cambio de conservatorio a Escola de Música consíguese chegar a un número maior de alumnos, pasando dos 35 inscritos daquel primer ano ós case 300 do último ano. 

A Escola de Música Banda de Celanova é un centro formativo que inculca ó amor pola música a cativos a partir de 4 anos e sen límite de idade. Porque a música non entende de números. Calquera que esté interesado en formar parte desta gran familia pode facelo.

A función social e cultural que cumple a EMBC e ademais de musical (espallar á música por todo o pobo) a de crear unha conexión de grupo entre os seus alumnos/as, profesores/as e todos/as ós que están traballando tras as súas portas.

Como centro educativo, pretende contribuir ó desarrollo integral das persoas a través da música, aportar unha ensinanza especializada, fomentar a difusión da cultura musical e promover valores como a solidaridade ou o traballo en equipo.

Dentro da variada oferta educativa que ofrece a EMBC podes encontrar dende o curso completo que te prepara de cara o grao medio, ata talleres como o de Baile latino, pilates, percusión latina ou música e movemento (de 4 a 6 anos).

Un dos obxetivos primordiais da EMBC é servir de canteira para a Banda de Música de Celanova, formar a excelentes músicos e persoas que pasarán a formar parte da banda cando consigan o nivel axeitado e si así o desexan.


Actualización 2020: Por mor da COVID as instalacións da EMBC trasládanse durante o curso 2020/2021 ó Auditorio Municipal de Celanova para poder cumprir con todas as medidas hixiénico sanitarias fixadas pola Xunta de Galicia.







DIRECCIÓN (provisional): Auditorio Municipal Ilduara de Celanova


CONTACTO: esmu.celanova@gmail.com





No hay comentarios:

Publicar un comentario