Esta é unha páxina de información relativa ó proceso de matriculación na EMBC e as preguntas mais frecuentes
Cales son os prazos de matriculación?
Para este novo curso 20/21 os prazos de matrícula son do 1 ó 15 de xullo e do 1 ó 15 de agosto.
Cando comezan as clases?
Para este novo curso 20/21 os prazos de matrícula son do 1 ó 15 de xullo e do 1 ó 15 de agosto.
Cando comezan as clases?
O día 28 de setembro de 2020 e seguirán o calendario escolar da Xunta de Galicia.
Que medidas de protección se van tomar fronte o COVID19?
As medidas que se levarán a cabo serán as estipuladas polas autoridades competetentes en materia de saúde (por determinar, según avance a situación de cara a setembro)
Como me matriculo?
Podes descargar o impreso directamente dende AQUÍ enchelo cos teus datos e entregalo na Oficina de Información Xuvenil do Concello (Baixos do Concello, Praza Maior) ou firmala dixitalmente con certificado FNTM e adxuntala ó correo esmu.celanova@gmail.com
Podo apuntarme se non teño instrumento?
Depende do instrumento que queiras tocar, pero a EMBC ten un sistema de préstamo de instrumentos, infórmate antes de matricularte si poderías optar a un deles.
Como se realizan os pagos?
Pódese optar por un PAGO ÚNICO (co cal se obterá un desconto) ou pagalo en nove mensualidades domiciliando no banco. As coutas cobraránse a mes vencido, a cuota de matrícula inclúese na primeira mensualidad. Os gastos de devoulción dos recibos domiciliados debidos a erros axenos á asociación correrán a cargo do alumno/a (2€)
Cando se procede ó pago?
As cuotas cargaránse a mes vencido (final de mes). A cuota de matrícula cobrarase no primer mes do curso (OUTUBRO)
As cuotas cargaránse a mes vencido (final de mes). A cuota de matrícula cobrarase no primer mes do curso (OUTUBRO)
Existen descontos na matrícula?
Sí.
- Desconto do 10% si se realiza PAGO ÚNICO (desconto acumulable con calquera dos outros)
Non acumulables:
- Desconto do 20% en cuotas si se acredita familia numerosa ou matrícula de tres ou mais membros da mesma unidade familiar (necesario aportar documentación correspondente que demostre esta situación)
- Desconto do 20% por discapacidade (necesario aportar documentación)
- Desconto do 20% en cuotas por pertenencia á Banda de música de Celanova
No hay comentarios:
Publicar un comentario