EMBC

Blog da Escola de Música Banda de Celanova

FB

Actualidade

Post Top Ad

Your Ad Spot

OS PROFESORES



MIGUEL PÉREZ LORENZO (Celanova-Ourense) (Director e mestre de percusión)


Iniciouse na escola da Banda de Música de Celanova e ao pouco tempo, no conservatorio da localidade.  Posteriormente foi membro da Banda de Música de Celanova.

Continúa os seus estudos no conservatorio de Ourense, A Coruña, Santiago de Compostela e na Escola Superior de Música e Artes Escénicas. 

Cursou os estudos de Diplomatura en Música Moderna na Escola Estudio de Santiago de Compostela e Educación Primaria e Educación Musical nas Universidades de Vigo e Santiago de Compostela. Ten varios cursos en musicoterapia, terapias artísticas e creativas, ademáis de soundpainting. Estudou dirección de Bandas na Associated Board of the Royal Schools of Music. 

Foi elexido mediante Sistema de Oposición da Banda Municipal de Ourense, tamén na Big Band da Diputación de Ourense, Sem Big Band, ademáis de formar parte de diversas formacións cós que grabou varios discos e gañou premios.

Traballou en varios workshops e masterclass con Ney Rosauro, Rainer Seegers, Miguel Bernat, Sisco Apanici, Nicolás Arnicho, Bruno Costa, Sergio Silva, Miguel Berro, entre outros… Actualmente prepara un dobre libro de percusión xunto ao percusionista e pedagógo Jesús Díaz Liñares baixo o nome de “El viaje de la percusión”.


ANA MIRANDA SABURIDO (Celanova-Ourense) (Mestra de frauta traveseira e xefa de estudos da EMBC)


Comezou os seus estudos no Conservatorio de Celanova, continuando a súa preparación no Conservatorio de Ourense onde obtén o Grado Profesional na especialidade de Frauta Traveseira.
Obtén o título superior de Administración e Finanzas. É Graduada en Educación Infantil coa mención de Educación Especial, ademáis tamén é Graduada en Educación Primaria coa especialidad de Pedagoxía Terapéutica. Especializase na docencia de educación especial co Máster en Dificultades de Aprendizaxe e procesos cognitivos con Matrícula de Honra. Diplomada en Musicoterapia y Música para docentes.

Participa no primeiro encontro da Orquestra Sinfónica do conservatorio de Galicia e colaborou coa Orquesta Clásica de Vigo. Membro dende os 14 anos da Banda de Música de Celanova é profesora de Frauta dende o 2009 no Conservatorio e na escola de música de dita localidade . Ten escrito un libro para formacións de frautas traveseiras.

Colabora en diversos programas educativos como coordinadora: Digicraft (programa educativo de Vodafone), Voz Natura (programa educativo da Voz de Galicia), Convive, O Monte Vivo, Proxecto Terra, eTwinning, Robótica educativa,…

Actualmente é profesora da Xunta de Educación Infantil o mesmo tempo que compaxina a Xefatura de Estudos do colexio onde imparte docencia. Profesora e Xefa de Estudos da Escola de Música Banda de Celanova.


JOSÉ NAZARIO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ (Sober-Lugo) (Mestre de trompeta)

No 1980 inicia os seus estudos de solfeo e trompeta na escola de música da Banda de Sober e se incorpora a Banda de Sober como educando.
Máis tarde comeza os seus estudos no Conservatorio de Música de Ourense en donde obtén o título de profesor de trompeta.
No 1989 entra como educando na Banda Municipal de Música de Ourense e máis tarde pasa a ocupar a praza de fliscorno solista en dita agrupación ata o ano 2015. Tocou en diferentes agrupacións de quintetos de vento, Big Band da Diputación de Ourense, bandas de música, etc.

Recibiu docencia de distintos profesores como Tadeo Guitián, Andrés Vales, Juan Carlos Igea, Luis Amosa, entre outros. Realizou cursos de especialización e perfeccionamento de trompeta con: John Aigi Hurn, Benjamín Moreno, Enrique Rioja, José Ortí, José Vicente Simeó, Carlos Méndez, etc. Tamén fai cursos de técnica de dirección orquestral con José Manuel Mogino e José Vicente Egea.

No 1990 comeza a impartir clases de vento metal na Escola de Música de Sober. Do 1995 ao 1999 faise cargo da Escola de Música Municipal de Quiroga. Tamén da clases na Escola de Música de Ramirás e en Verín.  No 2013 incorporase a Escola de Música da Banda Municipal de Celanova, na que permanece como profesor na especialidade de trompeta.


JESÚS DIAZ CASTRO "SUSO" (Begonte-Lugo) (Mestre de guitarra, baixo e combos)


No 1977 comenza con Don Albino López os seus estudos de Solfeo, Guitarra, Baixo eléctrico, Teoría musical e Harmonía. ​



Comeza no 1991 en Estudo Escola de Santiago de Compostela os seus estudos de música moderna e Jazz, obtendo o correspondente Diploma Profesional. ​

Participa en varios seminarios de música moderna, Jazz e improvisación como poden ser: Seminario Internacional de Jazz e Música Moderna “Concello de Ourense”, Master Class con Jeff Harrington, Master Class de Improvisación, composición e ensamble para Big Bang con Jens Whinter, … A partir do 1977 dedícase a música professional en orquestras de baile como: Evolución, Ledicia, Los Arquinos, Vagalume, Gran Veracruz e Super Combo, como baixista, guitarrista e operador de mesa de son.​
No 2001 é invitado a formar e dirixir a Big Band da Deputación de Ourense, exercendo como arreglista e director musical ata o 2004. ​
Impartiu docencia en:​
  • Profesor en Estudio Escola de Música de Santiago de baixo eléctrico. ​
  • Profesor na Escola de Música Bieito Blanco de baixo eléctrico, combo, harmonía moderna e guitarra eléctrica.​
  • Profesor en Aulos Escola de Música de Lugo.​
  • Professor na Casa da Música de Chantada de guitarra, baixo eléctrico e combos de rock.​
  • Profesor na Escola de Música Banda de Celanova de guitarra, baixo e combos.​



DAVID MANUEL RODRÍGUEZ ÁLVAREZ (Ramirás-Ourense) (Mestre de trombón e bombardino)


Comeza a súa carreira no Conservatorio Profesional de Música de Ourense na especialidade de Trombón de Varas e finalizou os seus estudos de Grao Profesional no Conservatorio Profesional de Vigo.​

Foi integrante da Xoven Orquestra Sinfónica de Vigo (XOVIGO) e colaborou coa Orquesta Clásica de Vigo. Foi dúas veces finalista no Concurso de Xóvenes Intérpretes “José Valcárcel” e é elexido alumno reserva da Holstein e alumno reserva da NJO (Netherlands).É seleccionado como Trombón Reforzo para a Sinfónica da Beiras, para a Orquestra do Norte e para a Orquestra de Sopros Portuguesa (Portugal) e como Trombón Principal na Orquestra da Ópera de Madrid. É elexido para unha xira en EEUU con American Wind Symphony e colaborou coa Banda de Pontevedra e da Orquestra Vigo430. Foi membro da Orquestra Xoven Sinfónica de Galicia, da Orquesta e Coro JMJ, da Orquestra Xuvenil de Santander e tamén da Xoven Orquestra da Sinfónica de Extremadura. Do 2012 ao 2017 foi Trombón Principal en Hulencourt Soloist Chamber Orchestra, Bruselas (Bélxica). Participou como membro invitado na Orquestra Sinfónica de Navarra e a Real Filharmonía de Galicia. No 2013 é seleccionado na prestigiosa Accademia Nazionale di Santa Cecilia de Roma co seu actual profesor Andrea Conti. ​

Realizou diferentes cursos de perfeccionamiento con Petur Eiriksson, Jon Etterbeek, Faustino Núñez, Santiago Blanco, Aníbal Sousa, Antonio Lloret, Jaques Mauger, David Bruchez, Baltasar Perelló entre otros. Obtén o título de Grao Superior no Conservatorio Bonifacio Gil de Badajoz. Exerceu como profesor de vento metal na escola de música da Asociación Música e Cultura de Galicia e na escola Maskemúsica de Ourense. Realiza cursos como profesor invitado As Pontes (Galicia) e Alicante.​


Actualmente é trombonista da Orquestra de Extremadura, é profesor na Escola de Música Banda de Celanova, Director da Banda Municipal de Ramirás e profesor de Trombón e Tuba no Conservatorio Profesional de Tui (Pontevedra).​



JUAN DIEGO GARCÍA CRESTELO (Sobrado do Vispo-Ourense) (Mestre de trompa)


Comenza os seu estudos con Arsenio Alonso en Sobrado do Vispo. Realiza os primeiros anos de Trompa no Conservatorio de Santiago de Compostela para continualos no Conservatorio Profesional de Música de Ourense. Retoma os estudos no 2015 no Conservatorio das Artes Mayeusis de Vigo e obtén o Grao Profesional de Trompa.​

Durante estes anos asistiu a curso e clases con profesores e trompistas como: Alejandro del Río, Jose Manuel Gómez de Edeta, Enrique Lorenzo Vila, Gustavo Castro, Daniel Otero, Jorge Fuentes, Thomas Müller e clases de técnicas de mellora instrumental con Rafael Santiago.​

No 1988 entra a formar parte da Banda de Música Municipal de Celanova e no 1990 ingresa na Banda de Música Municipal de Ourense obtendo a praza de trompa. No 1997 é o fundador do quinteto de metais Amandi Brass (Lugo). Dende o 2018 é profesor da Escola de Música Banda de Celanova e dende o 2019 profesor da Escola de Música da Limia​


Realiza colaboracións esporádicas coa: Banda de Música Municipal de Celanova, Agrupación Musical da Limia, Banda de Música de Coles, Banda de Música La Lira de Ribadavia, Banda de Música de Prado (Pontevedra) e Banda de Música Maestro Lupi (Benavente).​


SARA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ (Cartelle-Ourense) (Mestra de piano)

Comeza os seus estudos pianísticos a idade de oito anos da man de Begoña Rodríguez Feijoo no Conservatorio de Música de Celanova. Continúa formándose no Conservatorio Profesional de Música de Ourense con Purificación Iglesias Pateiro, acadando o premio extraordinario de Fin de Grao.​



Acada o título de Grao Superior en Piano da man do doutor e catedrático Javier Ares. Recibiu clases de Alexander Kandelaki, Nino Kereselidze, Pilar Valero, Katia Veekmans, Iván Marín ou María Jesús Crespo, entre outros.​
Posúe ademáis o Grao Profesional na especialidade de Gaita Galega.​
Ten o título de graduada en Fisioterapia pola Universidade de A Coruña.​
Incorporase a Escola de Música da Banda Municipal de Celanova, na que permanece como profesora na especialidade de Piano.​


ANA BELÉN MONÍS JUSTO (Ourense) (Mestra de canto moderno)


Fórmase como cantante no Conservatorio Karl Nielsen de Ourense estudando Canto e Técnica vocal. 

É titulada con distinción en Canto moderno Rock&Pop polo Conservatorio Trinity College London. Titulada como Especialista en Técnicas de Rehabilitación da Voz pola Universidad de Nebrija e Introducción á Cantoterapia. Graduada cómo Técnico superior en Producción de Audiovisuales e Espectáculos coa Matrícula de Honra. 

Como cantante profesional participou en diferentes orquestras: Nueva Página, Noche de Gala, Súper Combo,… No 2007 participa no programa Son De Estrelas da Televisión de Galicia no que resulta gañadora. Graba un disco co productor musical Pedro González. Actúa en diferentes programas da TVG cómo: Luar, Especial Noiteboa e Fin de Ano, Acompáñenos, Gala Santiago Apóstol,…


No 2009 é seleccionada para formar parte do coro galego amadrinado por Marta Sánchez que participará nun programa con fines benéficos "La batalla de los coros" emitido por Cuatro TV. 

Nos últimos anos fomenta a súa faceta para diferentes pezas de audiovisual como compositora da letra e interpretación do docudrama “Podría ser ella” (Ministerio de Igualdad, 2011). Dende o 2013 atópase no proxecto musical "La dama de gris". 

Actualmente compaxina a carreira de Educación Social ca súa labor como docente de Canto moderno en varias escolas de música da provincia de Ourense.




ÉRICA ANDREINA SANTIAGO NIEBLES (Caracas-Venezuela) (Mestra de clarinete)

É titulada pola Universidad de Santiago de Compostela en Historia do Arte coa especialización en Música. Obtén o Diploma de Estudos avanzados no 2009 na mesma universidade e no 2015, o Grao Profesional en Música na especialidade de Clarinete. Formou parte de diferentes agrupaciones tales como a Orquestra Universitaria da USC, Orquestra Praelidium; en bandas gañadoras de certámenes autonómicos e estatais, e realizou sustitucións na Banda Municipal de A Coruña, Banda de Santa Cruz de Rivadulla, Banda de Música Solfa, Banda Municipal de Brión, Banda Municipal de Lousame, etc. 




Recibiu clases e asistiu a cursos con Violeta Hemsy, Venancio Rius, Vicente Alberola, Beatriz López, Simón Couceiro e de clarinete baixo con Xocas Meijide. Na actualidade compaxina a súa labor docente cós estudos de Grao Superior na especialidade de Clarinete, no Conservatorio Superior de Música de A Coruña, con Marta Sancho. A súa actividade laboral centrouse sempre na docencia nas escolas de música impartindo Música e Movemento, Linguaxe Musical e Clarinete. Dende o 2004 é parte do profesorado da Escola de Música de Negreira, formou parte tamén da Escola Municipal de Música de A Baña, e na actualidade na Escola de Música de Arca e na Escola de Música da Banda Municipal de Celanova.



JOSÉ ANTONIO VARELA GOTRIZ (Carballedo-Lugo) (Mestre de saxofón) 

Comenza os seus estudios musicais na escola da Banda de Música “Cultural de Carballedo” co mestre Xóan Carlos López Vázquez, formando parte da plantilla de dita Banda. Cursa o Grado Profesional de Saxofón nos conservatorios de Ourense e A Coruña co mestre Gerardo Bacelo Prada. Obtén o Titulo Superior de Saxofón no Conservatorio Superior de Vigo e tamén obtén o Título Profesional na especialidade de Gaita no conservatorio de Ourense. 

Realizou cursos de dirección con Marcel Van Bree e Hardy Martens; curso de pedagoxía musical co Mestre Santiago Sáenz Guayar; cursos de análisis cos mestres Cristophe Havel e Pablo Beltrán Sobrado; curso de mantemento e mecánica dos instrumentos co mestre Manuel Martín Ventura; taller de afinación para gaita co mestre Daniel Bellón e cursos de saxofón cos mestres Narciso Pillo, Antonio Felipe Belijar, Rodrigo Pérez Vila, José Luis Miguélez Sainza, Arno Bornkamp, Jean-Yves Formeau, Marie-Bernardette Charrier, Francisco Ferreira e Paquito D’Rivera. Como docente foi profesor de Saxofón na escola da Banda de Música de Carballedo dende o ano 1999 ata o 2008, na Escola de Música de Silleda dende o ano 2004 o 2009, da Escola de Música de Chantada no curso 2018-19. E profesor de saxofón na Escola de Música Municipal de Barbadas dende o ano 2007 e da Escola de Musica da Banda de Celanova dende o ano 2019. Foi director da Banda de Música Cultural de Caballedo dende o ano 2006 ata o 2008 e como instrumentista participou en varias formacións como: Diversas Bandas de Música da xeografía Galega e norte de Portugal, Big Band “Orquesta de música moderna de Ourense”, Ensemble de saxofóns “Saxcantabrico” e varias orquestas de baile galegas


JESÚS GONZÁLEZ BRITO “PINGÜINO” (Venezuela) (Mestre de guitarra, laud, mandolina e bandurria) 


Arreglista, compositor e productor, participou en máis de 130 discos en tres continentes e desempeña o seu labor con destreza tanto no mundo da música popular coma no clásico. Foi membro do recoñecido Sistema Nacional de Orquestas Juveniles e Infantiles de Venezuela e encargado no ano 1989 de dictar a primeira cátedra de Contrabaixo para música venezolana a nivel nacional nos talleres de música popular da Fundación Bigott. Traballou con artistas venezolanos como: Un solo Pueblo, Cecilia Todd, Eddy Marcano, Agrupación Convenezuela, Ensamble Gurrufío, La Cuerda de Carmito, Estudiantina Voces y Cuerdas de Venezuela, Omar Acosta Trío, Serenata Guayanesa, Aquiles Báez, Saúl Vera, Hernán Gamboa, Esperanza Márquez, Simón Díaz, Jesús Sevillano y Fabiola José. 

A nivel internacional colaborou con Joan Manuel Serrat, Grupo Mestizay, Juan Carlos Calderón, Pedro Guerra, “Los Sabandeños”, Grupo Añoranza, Ynarhú, Fabiola Socas, Rita Tavares, Benito Cabrera, José Antonio Ramos, Domingo El Colorao, Grupo Al-farabi, Rocío Jurado, Bertín Osrborne, M.ª Dolores Pradera, Banda Sinfónica de Montevideo, e Daniel Viglietti entre outros. Actualmente toca a dúo có trompetista venezolano Pacho Flores. Como docente impartiu cursos e clases maxistrais en Argentina, Alemania, España, Uruguay e Chile. Colaborou coa Orquesta Sinfónica Juvenil de Uruguay, Orquesta Sinfónica Venezuela, Orquesta Sinfónica Municipal de Caracas, Orquesta Filarmónica Nacional de Venezuela e Orquesta Sinfónica Simón Bolívar. Recorreu gran parte de Uruguay e Arxentina como Director do Ensamble Simón Bolívar e Ensamble Tierra Sur. Recientemente recibiu a distinción de Personalidad de Especial Mérito del Sistema Nacional para las Culturas Populares, polo Ministerio del Poder Popular para la Cultura de la República Bolivariana de Venezuela. Incorporase neste curso á Escola de Música da Banda Municipal de Celanova como profesor na especialidade de Guitarra.

MÓNICA CAROLINA COLMENARES GÓNZALEZ (Celanova) (Mestra de Baile latino e Pilates) 

Ademais de compoñente da Banda de Música de Celanova, Mónica posúe o ciclo superior en Ensinanza e animación sociodeportiva, título de Pilates MAT, Magic Circle, accesorios contemporáenos e pequenos aparatos, e título de zumba basic step 1.
Será a encargada de impartir as clases de Pilates e Baile Latino ós sábados de boa mañá.

No hay comentarios:

Publicar un comentario