Este 2020 (que xa case remata) está sendo un ano complicado e extrano para todos/as nós. As restriccións pola COVID obrigánnos a tomar as medidas necesarias para asegurar a nosa saude e benestar e tamén a dos que nos rodean. Sen embargo, por sorte vivimos nunha era na que a tecnoloxía está ó alcance de case todo o mundo e podemos aproveitala para facervos chegar a música que soa sempre na Escola de Música da Banda de Celanova.
Nestas datas, viña sendo habitual ter o concerto de Nadal da EMBC e as primeiras audicións do curso, onde os nosos alumnos e alumnas poden demostrar o que xa aprenderon nistes primeiros meses de actividade musical. Este ano, mostramos o seu bo facer a través de vídeos que se grabaron na escola ou nos propios fogares do alumnado.
Premendo o seguinte enlace podes atopar a LISTA DE REPRODUCCIÓN DAS AUDICIÓNS DE NADAL DO CURSO 2020/2021
No hay comentarios:
Publicar un comentario