EMBC

Blog da Escola de Música Banda de Celanova

FB

Actualidade

Post Top Ad

Your Ad Spot

martes, 13 de octubre de 2020

Aviso CREACIÓN DUN FONDO DE LIBROS





Dende a Escola de Música de Celanova, queremos tratar de crear un Fondo de Libros de Linguaxe Musical. Porén, queremos contar coa vosa solidariedade!

Con este servizo Fondo Libros ademais de poder contar con material para o alumnado, aspecto que suporá un aforro para todos, fomentaremos a responsabilidade e solidariedade nos nosos estudantes. Trataremos de que entreguen o material en bo estado e o coiden ao longo do curso, así poderá ser de utilidade para os alumn@s que se matriculen na escola durante os seguintes cursos académicos.

O funcionamento do préstamo será o seguinte:

❖ Xuño 2021. Ao finalizar o curso escolar as familias que queiran participar entregarán os libros de Linguaxe Musical para que formen parte do Fondo Libros. Quedando rexistro do mesmo na escola.

❖ Outubro 2021. Ao inicio do curso procederemos á repartición do material. Para iso publicarase unha listaxe dos libros existentes en cada curso.

Se o número de libros cos que se conta no Fondo libros sexa inferior ao alumnado que o solicite, seguirase o seguinte baremo como criterio de distribución:

1. Participación no fondo libros:

▪ Familias que entregan o material ao fondo libros no anterior curso escolar: 10 puntos

▪ Familias que non entregan o material ao fondo libros pero estiveron matriculadas no anterior curso escolar: 6 puntos

▪ Novas familias por orde de matriculación:

- 1º prazo (4 puntos)

- 2º prazo (2 punto)

2. Engádese a esta puntuación a suma da nota media obtida durante o anterior curso escolar. (Tomarase como referencia a terceira avaliación, posto que é unha avaliación continua, en base 10)

❖ Outubro 2021. Publicarase a relación de alumn@s beneficiari@s do Fondo Libros, cando as matrículas xa estean pechadas.

❖ Outubro 2021. Asinarase un documento no que @ alumn@ beneficiari@ do Fondo se responsabiliza de empregar o material que se lle proporciona e de devolvelo en perfecto estado ao finalizar dito curso académico.

Este tipo de actividades son de gran utilidade para diminuír o emprego de papel, fomentar a solidariedade, aprender a compartir, coidar o material, valorar os elementos que forman parte dunha comunidade. Agardamos que todas as familias vos animedes a colaborar con esta nova iniciativa e mandamos este aviso no comezo do curso, para a concienciación das familias e do alumnado no coidado do material.

Contamos con vós!

No hay comentarios:

Publicar un comentario